vigotech.github.io
vigotech.github.io copied to clipboard
Criterio para engadir un "amigo" de Vigotech
Abro o debate sobre os criterios a contemplar para engadir un "amigo" VigoTech, entendendo que na web aparecería o seu logo, nome, ligado a súa web na sección "Os nosos amigos"
Como base para o debate
Criterios de entrada
- Ser metagrupos similares a VigoTech en canto a filosofía
- Non ter ánimo de lucro, nin o meta grupo nin os grupos que o constitúen
- Que o metagrupo non se opoña a iso
- Que o solicite o metagrupo ou alguén de VigoTech
- Que sexa aprobado por unha maioría simple dos admins de VigoTech
Procedemento para engadir
- Mediante Pull Request
- Modificando o fichero
static/friends.json
- Engadilo coa seguiente estructura (existe un
friends-schema.json
para validar a estructura)"keydometagrupo": { "name": "Nome do metagrupo", "logo": "URL o logo", "link" : "URL a sua web" }
- Engadilo por orde alfabética do nome